concursos



XUVENTUDE CREA - DESEÑO DE XOIAS -

Concurso de convocatoria anual, dirixido a mozos creadores de ata 30 anos de idade. A convocatoria publícase no DOG en torno ós meses de maio/xuño. Selecciónanse dez finalistas pra facer una exposición aberta ó público. O primeiro premio son 3000€, o segundo 1500€ e o terceiro 1000€.

Este ano xa está pechada a convocatoria para poder participar, pero estaremos atentos á publicación dos finalistas! Moita sorte a todos! No seguinte enlace ademáis de poder consultar a bases da convocatoria, tamén podedes botarlle unha ollada ós finalistas dos anos anteriores.



CONCURSO SAN ELOI

Concurso de convocatoria anual, dirixido a deseñadores non profesionais. A convocatoria publícase no mes de setembro na web do Colexio Oficial de Xoiaría. Selecciónanse dez finalistas para a entrega dos premios, que acostuma a celebrarse coincidindo con día de San Eloi, patrón dos xoieiros. O primeiro premio son 1000€, o segundo 500€ e o terceiro 200€.

Dentro de un mes sairá a terceira convocatoria do concurso, polo que vos invito a que esteades atentos. Podedes consultar as bases dos anos anteriores no seguinte enlace.


E na páxina de facebook, tamén do Colexio Oficial de Xoiaría, podedes ver as fotos das pezas finalistas e gañadoras ata o momento.

2013
https://www.facebook.com/media/set/?set=a.545632115531315.1073741834.174383502656180&type=3

2012
https://www.facebook.com/media/set/?set=a.432435523517642.1073741826.174383502656180&type=3